VIAXE Ó INTERIOR DE VILLA MARÍA, MANSIÓN INDIANA

 


REDACCIÓN LANDRO

ALS

Villa María, Mansión Indiana

Villa María. Unha das obras arquitectónicas de estilo indiano máis singulares de Viveiro e Galicia, na actulidade está en estado decrépito, e á venda por 328.000€. Pertenceu a uns ricos habaneiros, das maiores fortunas de Cuba, os Esguello. A familia de Antonio Rodríguez Vázquez (1862-1953), pai dos Rodríguez Cintra, oriundo de Bravos (Ourol), que arriba á Illa de Cuba en 1879 para adicarse ó comercio, e posteriormente crear un imperio económico que abrangue dende os inicios unha empresa de materiais de construcción, Rodríguez Cantera y Cía, para despois ter en sociedade almacéns de importación/exportación coa H. Pita SC, ou facer edificios como o Rodríguez na calzada Galiano onde estará o coñecido Teatro América tamén seu, ademáis de ter negocios de prantas de azucre como Corporación Industrial del Trópico SA, ata 5 cines, Rodi, América, Radio Cine, ou participar no Consello de Administación da compañía de seguros La Metropolitana ou a Nueva Fábrica de Hielo SA .

Recórdase o seu esplendor con xardíns que chegaban ó pozo de piago e un mantón de Manila colgado polas elegantes escadas. Asómase coma unha viaxe ó pasado.

Sería mercada polo empresario maderista e alcalde de Viveiro Ramón Salgueiro Abad e vendida posteriormente a unha constructora polos seus herdeiros.

IMFORMACIÓN DE ANÁLISE CONSTRUCTIVO SOBRE A MANSIÓN:


PAXINA 587

FOTOS DA VIVIENDA ANTES DA VENDA.

ALS









































Comentarios

Publicacións populares