REFUNDAR A MARIÑA (OPINIÓN) 1-06-2020


Refundar A Mariña

Sobre o peche de Alcoa.

1-06-2020
Días da maior crise do século. A enfermidade galopa e a crise cabalga coma cancro sen menciñas . Aluminio, mantela é moi viable por diversos motivos que estamos escoitando, é un material reciclable, ecolóxico, para usos diversos e cun potencial enorme, coas maiores reservas mundias de bauxita nun país que foi irmán ata 1968 Guinea Ecuatorial, ata o XIX un metal semiprecioso con máis valor que o ouro, hoxe de uso diario. Unhas instalacións existentes e cun capital humano experto, un porto estatal… Estatuto electrointensivo serio xa, unha fórmula público-privada, ata entón so queda meterse dentro e de alí non sae nin un tornillo.
Sen industria somos neolíticos. Deixalo caer supón darlle a oportunidade a outros. É 33% do PIB da provincia, non só os salarios directos dos traballadores, as consecuencias son brutais o pago de impostos para manter os servizos sociais, a sanidade, a educación, as infraestructuras… o que garantiza un país libre e estable, o resto películas de sesta.
Ademáis outros sectores milenarios na comarca están as sufrir. A pesca ou a madeira, temos que apoialos e apostar pola industria da transformación da materia prima. Incluso o xa denostado turismo pero eso sí, cun novo modelo vencellado á posta en valor e conservación do patrimonio cultural e natural.
Todos os ovos caben no cesto, si se chocan saen pitiños, galiñas, e máis ovos.
Hai anos que se leva advertindo, voces silenciadas que foron tratadas como tolas, discrepantes, de crear un tecido alternativo forte, de diversificar, de fortalecer o que temos. Isto e unha cadea circular, un detrais do outro. Non olvidemos que aquí estivo a primeira fábrica de España, Sargadelos, facíanse dende vehículos, refrescos e chocolates, ladrillos, ferro, conservas, lousa, sombreiros, tecidos ou mobres… todo foi e é posible.
Este país estase xogando a súa posición xeopolítica e a defensa da comunidade latina no mundo, outro cantar do que falar… Europa tivo o Plan Marshall despois da II Guerra, ou USA os Decretos de New Deal con Roosevelt no 29. Pois a menor escala debemos de resistir, reconstruir, reformular, refundar a Comarca cunha mesa de expertos que nos ensinen a pescar, basta xa de políticas demagóxicas de migas, hai que prantar millo e facer pan.
A diferencia de hoxe, daquela os pobos, os líderes económicos e sociais souperon ter poder de resiliencia, adaptación, supervivencia, hoxe por desgraza a sociedade é suciedade.
¿Imos seguir coa venda nos ollos? ¿Imos discutir do que nos trouxo ata aquí? ¿Imos deixar que caian sectores estratéxicos, vitais? Se é así a facer maletas. O fin da Mariña. O noso futuro está en xogo, vivir ou morrer.
¡Adiante veciños,
a loita comeza,
ALCOA NON SE PECHA !

ALS

Comentarios

Publicacións populares