CIPRÉS DA MISERICORDIA, VELLO XIGANTE SENLLEIRO.



REDACCIÓN LANDRO
ALS

Ciprés da Misericordia

Un veciño, vello xigante olvidado que o vemos como parte da paisaxe sen darnos conta das súas dimensión. Ciprés ou Alcipreste de Monterrey (Cupressus Macrocarpa), denominado de California, e pola sua ubicación da Misericordia, cunha altura de entorno ós 32 metros. Foi prantado hai 100 anos ou máis polo indiano Ramón Pernas Rodríguez, cara 1920, cando se fixo a mansión indiana. Hai quen apunta a 1898 como ano de prantación pola efeméride da perda da illa de Cuba. Tamén outra das hipóteses é que fora de finais do XIX, cando esta finca pertencía ó Pazo da Misericordia, por entón era señor del, Jose María Bermúdez de Castro y Pardo, deputado e alcalde de A Coruña, idea que non é descabelada tendo en conta a relación deste cos Pardo-Bazan, que tamén tiñan este mesma especie nas súas propiedades, costume nos Pazos galegos reza o de "Capilla, Palomar y Ciprés, Pazo es".

En Galicia da idade deste existen outros no Pazo de Quintáns, no Mosteiro de Moraime en Muxía, no Pazo de Santa Cruz de Oleiros... Está catalogado como Árbore Senlleira de Galicia coma referencia 39A.

Temos que comezar a protexelo, fancéndolle un estudo da súa saúde, abrindo a súa contorna a recibir más auga e unha balustrada que lle reserve o seu propio espazo privado.

Nunha ocasión un tipo apertábao e dicía que lle daba enerxía, e forza debe ter, porque resiste coma un campión, é un dos seres vivos terrestres máis grandes da comcarca. Amigo es o anciano máis bó, xeneroso e carismático de A Misericordia, nunca protestas a pesar de facerche sufrir. Es a maior das riquezas da terra, pero hai ollos que non o ven, corazóns e cacholas empobrecidas e empodrecidas, en outra sociedade máis respetuosa, serías unha árbore da sabedoría sagrada e venerada...




Foto do Catálogo de Casas Indianas da Xunta de Galicia


Comentarios

Publicacións populares