COMICS DOS 60´s en Xunqueira




REDACCIÓN LANDRO
ALS

COMICS DOS 60´s en Xunqueira

Inauguración no único espacio museístico de Viveiro, en Regal Xunqueira sobre o Cómic dos 60 (Xuño de 2016).

A exposición é unha viaxe polo mundo da Banda Deseñada. Un flashback ós anos 60, ó paraíso da nenez da man da Ilustración industrial. A primeira xeración que entra no mundo da cultural pop Art e do consumo de produción en cadea. Un movemento de arte moderno, de imaxes da cultura popular de medios de comunicación, anuncios publicitarios, cómic, cine. Poñen nas man das masas o arte, reflectido nos obxectos cotiás. Nesta década en EE.UU. empréganse os debuxos nítidos e simples do tipo “Hard edge”. Destacan autores coma Jasper Johns, Robert Rauschenberg, Roy Lichtenstein, Andy Warhol, Tom Wesselmann… España non se queda atrás e neste período recibe a influencia estadounidense, recordada é a visita de Eisenhower en 1959.

Unha apertura do país coa comunidade internacional, rematando co proteccionismo económico, hai auxe das clases medias ou traballadoras, crecemento do turismo, do sector automobilístico, exportacións das laranxas valenciáns, maior acceso á formación,etc. Coincide co remate de anos escuros e miseria, nos derradeiros latexos do réxime ditatorial franquista. Iníciase en España o movemento coa influencia dos artistas de “nueva figuración” ou “Equipo Crónica” entre os que están Eduardo Arroyo, Alfredo Alcaín,Manolo Valdés ou Rafael Solbes.
O Cómic nace coas as tiras de prensa ou viñetas en 1897 cando Hearst decide agrupalas nun libro. Wald Disney crea as primeiras películas de animación e debuxos populares: Mickey (1928), Blancanieves (1937), Donald (1934), Pinocho (1940), Bambi (1942)… Non será ata finais dos anos 30 cando se comezan a facer historietas e xorde All Star e a antiga Marvel con héroes e personaxes coma: Superman, Capitán América, Batman… Dando pé nas décadas seguintes a todo tipo de estrelas: Spiderman, Hulk, Iron Man… Xa se consideran as Cantigas de Santa María de Afonso X, cómic autóctono. A primeira é a do cubano Landaluze "Historia de las desgracias de un hombre afortunado" (1857). Abrindo paso a mediados do XX, El suero maravilloso de Robledano (1910) con globos de diálogo. A Censura ocultou a Popeye ou Flash Gordon loitando contra as potencias do eixe. A colección amosa un percorrido polos traballos de deseño españois no boom ou época dourada. Naceran logo os tebeos humorísticos e de aventuras: TBO (1941), Capitán Trueno (1956), Din Dan (1965), Zipi y Zape (1972), Mortadelo ( 1970), Pulgarcito (1947), Jaimito (1943), El cachorro, El Jabato, Pantera Negra (1956), El pájaro loco, Tío Vivo (1957)… Coas editoriais: Valenciana, Bruguera, Maga, Marco, Junior, Vértice






























Comentarios

Publicacións populares