CELSO ARANGO, POETA PSIQUIATRA
CELSO ARANGO, POETA PSIQUIATRA
Pouca xente nova coñece ó Doutor Celso Rodríguez Arango, que coas súas cuñas poéticas, tolas e reflexivas deleiteu durante anos a lectores do Heraldo. Cunha capacidade de visión do humano brilante e xogando coa mente a impactar a todo aquel que se lle aproximara, con anécdotas do máis curiosas. Cunha carisma desbordante, sempre na compaña dos seus amigos o famacéutico Don Celso Varela Álvarez de Toledo e o gran mestre Don Antonio García o Caimán.
Celso era un viveirense amante, do sol e da vida, onde nas súas praias ou as do Vicedo gozaba, estivo asentado en Palma de Mallorca o que deixa ver ese espíruto de desfrute da auga e o calor de quen facemos referencia.
Chegou a Viveiro dende Asturias, era dunha aristocrática familia de terras de Don Pelayo os Roguíguez de Arango , polo exiliado republicano de seu pai enxeñeiro, que elixiu o Landro coma celda de castigo en vez da morte. Este foi Celso Rodríguez-Arango y Méndez-Castrillón de Cangas de Tineo (30-01-1884), Director Xeral de Minas e Enxeñeiro Xefe do Distrito de León, autor de estudos de campo para a explotación de recursos naturais no norte a comezos dos 20, ademáis de xogador do Atlético de Madrid, un dos primeiros que no 1910-1911, que pernaceu na temporada 1913-1914, nesta etapa como centrocampista estreou a camiseta tan identificativa de raias blancas e vermellas.
Arango era médico do psico e poeta, duas couas que ían xuntas. Con traballos científicos prologados por Gregorio Marañón, coma Psicología Industrial ou por un Catedrático de Universidade Católica de Washitong, Incitaciones a través de la psicobiología. De escritor para "Papeles de Son Armadans" de nada menos que do Nobel de literatura Camilo José Cela. O académico Laín Entralgo prologou a sua obra El Zumbido de Quevedo. E coñecemos máis libros coma: ¿Deseáis el Desayuno?, Espuma de Ideas, Vericuetos Psicoanalíticos, Reverberaciones, La Ruindad ...
Actualmente seu fillo tamén psiquitara e co mesmo nome de avo e pai, exerce no Hospital Gregorio Marañón de Madrid, e de profesor titular na Universidade Complutense, asimesmo Presidente da Sociedad Española de Psiquiatría.
Algúns dos poemas escritos para o "Heraldo de Vivero" de Arango nos primeiros anos do século XXI, 2000.
Comentarios
Publicar un comentario