RAMÓN BLANCO, DO XISTRAL Ó EVEREST. "VIVE EL MOMENTO QUE LO DEMÁS ES CUENTO"
"VIVE EL MOMENTO QUE LO DE MÁS ES CUENTO"
"AYER PASÓ, MAÑANA NO SABES, HOY TU VIDA EMPIEZA AHORITA"
"TODO EL QUE ESTÁ EMPEZANDO A VIVIR, YO LE DIRÍA, NO TENGAN MIEDO A NADA, SUEÑEN, HAGAN LAS COSAS"
"LAS COSAS ESTÁN AHÍ PARA HACERLAS, Y LA VIDA ES PARA VIVIRLA"
"EL MIEDO SIEMPRE LO LLEVO ENCIMA, TRATO DE QUE NO SE ME ADELANTE, SI SE ADELANTA, TE ANIQUILA"
REDACCIÓN LANDRO
ALS
RAMÓN BLANCO, DE XISTRAL Ó EVEREST.
Optimismo polas veas, ben podía Viveiro poñer as súas verbas nas rúas. Con frases coma estas, e unha filosofía de vida naturalista, Ramón Blanco é vitalidade pura, unha institución no mundo da montaña. Naceu en Xerdiz (Ourol) en 1934, dunha familia coñecida en Viveiro, que rexentaron perante anos o Bar Galicia. Primeiro estivo en Cuba, despois en Venezuela e seguiu unha estela imparable de visitas a medio mundo detráis do alpinismo. De profesión luthier “o guitarrero, o violero, en fin, constructor de instrumentos de cuerda…”
De neno xa subía ós cumios do Xistral. Con 32 subeu as primeiras altas montañas en México, o Iztacciuatl e Popocatepetl. Con 38 a máis alta de América o Aconcagua, e con 60 batiu o record guiness da persoa con máis idade en subir ó Everest, onde se atopou a Juanito Oiarzabal. Escalou ata ós cumios máis grandes, os oitomiles. Despois veu India, Indonesia e infinidade de retos. Ata con 84 fixo no noso pobo a Camovi de 42 km. Unha carrreira de monte en Mérida (Venezuela) é unha homenaxe ó escalador, chamada Mifafi La Culata.
Cuns habitos saudables, e un coidado supremo do mental, a alma, e o físico, o corpo, o que fai que ainda a día de hoxe con 87 anos asuma afrontas deportivas. Ramón Blanco, trepa como ardilla ou koala, de razón rápida e calma carnal, é un espírito voador das montañas.
Enlaces de entrevistas ó maxistral Ramón Blanco.
Comentarios
Publicar un comentario