GILÁN, UNHA DAS PROPIEDADES PRIVADAS MÁIS GRANDES DO LANDRO

 

REDACCIÓN LANDRO 

ALS

GILÁN, UNHA DAS PROPIEDADES PRIVADAS MÁIS GRANDE DO LANDRO

Entre Xove e Viveiro, ós pés do Monte Maior e San Roque, con vistas á praia de Area atopamos unha das maiores propiedades privadas de Viveiro, aínda que a máis grande pode que sexa realmente Riobóo en Boimente. Agora falamos da chamada Gilán ou Xilán, unha superficie estimada de 100ha ou o que é o mesmo 1 millón de metros cadrados.

Crese que foi do político e armador celeirense Francisco López Carballés ou do seu fillo Benigno López, á caída dos seus negocios moitos veciños mercaron as propiedades desta familia. Entre eles tempo andando fixouse Canosa nesta inmensa parcela, á que probablemente lle tiña botado o ollo, xa que traballara para os banqueiros. Nos seus inicios estaba adicada á cría de gando vacuno, ou algún tipo de animal doméstico, ademáis de ter madeira mixta autóctona, seguramente para o uso como elemento constructivo ou combustible, para finalmente rematar de moncultivo de eucalipto.

Nela reedificouse unha Casa/Refuxio de montaña alonxada de todo, no medio da nada. É o Kehlsteinhaus do Landro, nido do águia viveirense. Con corte ou estilo rexionalista, empregando materias da zona coma a pedra, o cal, madeira ou lousa, da que sobresae un arco traído dunha casa grande de Muras, ó conxunto súmase unha garita independente. Ademáis coñécese que foron usados sillares, pedras e pezas arqueolóxicas ou etnográficas da contorna para embelecer a vivenda, coma un cruceiro, un "agnus dei".... Ten curiosidades/anéctotas como a que dí que a ela chegou nunha ocasión en helicóptero.

Ramón Canosa Suárez, foi un rapaz de Viveiro, dotado para os números, e con inquedanzas políticas, traballou primeiro na banca local, tendo dende rapaz negocios como un estanco de tabacos coa nai viúva. Foi estudar comercio ou mercantiles á Coruña, para sacar unha praza de facenda durante a II Repúlbica con destino Barcelona e finalmente Madrid onde se posicionará a nivel socio-económico. Recibiu a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, foi Ministro do Tribunal de Contas nomeado en 1968, membro da Real Academia Galega ou Premio Pérez Lugín de Xornalismo en 1950. Algúns dos seus descendentes entroncaran familiarmente con coñecidas familias coma os Solís, de Rato, Colón y Carvajal... Ademáis foi o segundo dono e editor do "Heraldo de Vivero". Autor "Historia menuda de un pueblo Gallego" (1953), "Vivero otra vez" (1969), "Nueva estampa de un pueblo Gallego" (1967)... Viveiro adicoulle unha rúa, a estrada que camiña ata Celeiro.

Na actualidade a propiedade pertence a unha coñecida firma empresarial da Mariña.



Fotos da Vivenda en estado ruinoso
ALS
















FOTOS DO VISOR DO CATRASTRO




LIBROS ESCRITOS E EDITADOS POR R.CANOSA







Comentarios

Publicacións populares