CARTA DE DOMINGO FONTÁN DA RÍA DE VIVEIRO
A Ría de Viveiro debuxada por Domingo Fontán
Estamos
ante a Carta Náutica que fixo Domingo Fontán sobre
a Ría de Viveiro. Divulgada no seu momento coa intención
de deixar no ente común unha imaxe dun traballo histórico relevante
e que era pouco coñecido. Dende 2018, 1000 copias
rodan por Viveiro. É o reflexo en papel da desembocadura dun río o
Landro. Nace na
Serra do Xistral, percorrendo 42 km e 268 km² en
valeiro, pasa por un
humidal ou xunqueira e ó seu término forma a Ría, un dos 18
estuarios que configuran a costa de Galicia, de orixe tectónico
no Cenozoico e cubertas polo mar no Neoxeno.
Domino
Fontán Rodriguez (Portas,1788-
Cuntis,1866)
foi, un político, empresario e científico, Secretario
da Deputación provincial de Galicia, Director
do Observatorio Astronómico de Madrid, da Escola de Enxeñeiros e
Xeógrafos ou membro da Societé de Geographie.
Aprendeu de novo co seu tío o cura de Noia Sebastián
Rodríguez Blanco, tamén
foi
discípulo
de José
Rodríguez González,
"o matemático do Berbés". A faceta menos coñecida é a
económica
pois foi un potente
industrial, bibliotecario
e presidente da Sociedade
Económica de Amigos do País, herdou
de seu pai a papeleira
de Lousame en
Noia,
ou obtivo
o permiso para a construción
dun ferrocarril.
Destaca
pola famosa
Carta
Xeométrica de Galicia
editada en 1845.
Esta
iniciada en 1817
e rematada en 1834,
comenzando
o
traballo de campo
no
Pico
Sacro,
levándoo
a percorrer e
viaxar
por Galicia
perante
16 anos.
Foi
o primeiro
mapa topográfico e trigonométrico
feito en calquera dos territorios de España con métodos científicos
e medicións matemáticas , é dicir, medición de
bases, triangulación, altimetría, barométrica e outros. Pasará
a posteridade
por cartografiar Galicia,
por
ser de algún modo o que lle sacaba a primeira foto, deixando ver o
rostro real da vella Gallaecia.
Pero
aquí falaremos de outro traballo relacionado, en concreto o plano
da Ría de Viveiro, que
é de 1826, publicado por Sebatián de Miñano. Quizais
dos antigos, sexa o máis fiel á realidade xeográfica da Ría
xunto a outro da Armada de 1797. Este que se reproduce foi
recuperado polo marchante de grabados inglés Laurence Shand,
afincado na capital hispalense, para rematar en mans particulares e
expoñerse ou darse a coñecer case dous séculos despois da súa
creación. Realizado en pranchas de cobre e pintado con acuarela a
man. Grazas a el podemos observar cambios do aspecto da Ría e
nomes totalmente distintos da actualidade, sobresae o gran areal
de Grallal no fondal ou desembocadura, todo dunha peza,
amosa quizaís o que foi unha das ensenadas máis ricas e fermosas de
Europa.
O
autor os anos de 1824 e 1825 solicitou “súplica de
purificación “séndolle denegada pola Xunta de Santiago, por iso
en 1826 viaxou á “Villa y Corte” a efectos de solicitar
novamente a súa purificación. En ocasión de tal viaxe coñeceu
persoalmente ó abate Sebastián de Miñano y Bedoya,
quen por esas datas publicaba o “Diccionario Geográfico y
Estadístico de España y Portugal”, e púxose en contacto con
Fontán solicitándolle información para a redacción de dito
Diccionario, proporcionándolle o mapa de parte occidental, que tiña
casi concluso. Igualmente coñeceu por mediación de Miñano a Luis
López Ballesteros, Ministro de
Facenda de Fernando VII, quen brindou colaboración para
concluir la Carta Xeométrica. O 22 de agosto de 1826, Domingo
foi purificado e reposto na cátedra de Matemáticas Sublimes da
Universidade de Santiago de Compostela. Tamén
no ano de 1826
por Real acordo da Audiencias fixo a división
xudicial e municipal de Galicia. Un 13 de
outubro do devandito ano recibiu o Diploma de
Socio da Real Academia da Historia.
Entre
1826 e 1829 foron publicados, na escala de 2 leguas de 20
graos as seguintes cartas:
“O
plano do País Adxacente as Tres Rías da Coruña,
Betanzos e Ferrol”.
“O
da Ría de Pontevedra coas Illas de Ons e Oza”, a escala de
1000 varas.
“O
da Ría de Vigo e parte da Península do Morrazo” a escala de
media legua.
“O
da Ría de Viveiro” a escala de media legua.
“O
da Ría de Arousa” a escala de 3 millas.
Aquí
describe os 5 principais portos da comunidade. Neste caso particular
deixa ver a importancia como porto da Ría de Viveiro, e o seu
peso estratéxico no transporte marítimo cantábrico. Era
un punto de entrada de mercadorías ou un refuxio para a navegación.
Hoxe
atestiguan
estes
feitos
xacementos ou pecios.
Sabemos dun Astrolabio
atopado
por FEDAS
no 2021,
datado
entre
o XVI
e o XVIII,
unha
xoia tecnolóxica única,
da que so
se coñecen 107
en todo o mundo,
asimesmo
dentro
desta campaña de
investigación saíron á luz moitos máis datos. Outra das máis
insignes e tristes referencias, foi na guerra da independencia
o naufraxio tras
un forte temporal (a
noite do 1
ó 2
de novembro
de 1810)
do
Bergantín
Palomo e a Fragata
Magdalena,
donde finaron 555
persoas, o que se cree unha
das mariores traxedias navais de España.
Ademais foi testigo dun fito
histórico ó atopar na
praia o cadáver
do
Capitán
Blas
de Salcedo y
Salcedo (1758-1810)
apertado ó seu fillo o
guardamarina Blas
de Salcedo Reguera,
o que supuxo que
se fixera
unha
Real Orde
de non embarcar
a
familiares directos
no mesmo navío, quedando
para a o
porvir de
seguridade civil e
militar.
Deste
plano consérvanse algúns
exemplares nas principais institucións
e entidades galegas, ainda que poucas copias. Na vila do
Landro sabemos de duas
en mans particulares.
Un traballo que relaciona
Viveiro coa figura de Fontán
que foi
é un dos científicos máis admirados de Galicia como
deixaron constancia Castelao,
Otero Pedrayo ou
Cunqueiro. A
súa impronta marcou
un regueiro de mencións que continua a
día de hoxe.
Os
mapas en papel deixaron
de existir para abrir camiño ós formatos
de gps ou dixitais.
Pero non esquezamos ós
seus ancestros,
as
antigas
cartas,
que
entón
axudaron a posicionar
e
descubrir
o mundo coñecido.
Hai
que destacar a
envergadura
destes vellos rolos, usados
durante séculos. Era
toda unha odisea, entendelos,
estudalos ou aplicalos,
ás veces non era doado, nin acontecía
nas mellores circunstancias. Como
escribía Herman
Melville en Moby Dick:
“Non
está marcada en ningún mapa: os sitios de verdade
non
o están nunca”.
Estamos ante a Carta Náutica que fixo Domingo Fontán sobre a Ría de Viveiro. Divulgada no seu momento coa intención de deixar no ente común unha imaxe dun traballo histórico relevante e que era pouco coñecido. Dende 2018, 1000 copias rodan por Viveiro. É o reflexo en papel da desembocadura dun río o Landro. Nace na Serra do Xistral, percorrendo 42 km e 268 km² en valeiro, pasa por un humidal ou xunqueira e ó seu término forma a Ría, un dos 18 estuarios que configuran a costa de Galicia, de orixe tectónico no Cenozoico e cubertas polo mar no Neoxeno.
Domino Fontán Rodriguez (Portas,1788- Cuntis,1866) foi, un político, empresario e científico, Secretario da Deputación provincial de Galicia, Director do Observatorio Astronómico de Madrid, da Escola de Enxeñeiros e Xeógrafos ou membro da Societé de Geographie. Aprendeu de novo co seu tío o cura de Noia Sebastián Rodríguez Blanco, tamén foi discípulo de José Rodríguez González, "o matemático do Berbés". A faceta menos coñecida é a económica pois foi un potente industrial, bibliotecario e presidente da Sociedade Económica de Amigos do País, herdou de seu pai a papeleira de Lousame en Noia, ou obtivo o permiso para a construción dun ferrocarril.
Destaca pola famosa Carta Xeométrica de Galicia editada en 1845. Esta iniciada en 1817 e rematada en 1834, comenzando o traballo de campo no Pico Sacro, levándoo a percorrer e viaxar por Galicia perante 16 anos. Foi o primeiro mapa topográfico e trigonométrico feito en calquera dos territorios de España con métodos científicos e medicións matemáticas , é dicir, medición de bases, triangulación, altimetría, barométrica e outros. Pasará a posteridade por cartografiar Galicia, por ser de algún modo o que lle sacaba a primeira foto, deixando ver o rostro real da vella Gallaecia.
Pero aquí falaremos de outro traballo relacionado, en concreto o plano da Ría de Viveiro, que é de 1826, publicado por Sebatián de Miñano. Quizais dos antigos, sexa o máis fiel á realidade xeográfica da Ría xunto a outro da Armada de 1797. Este que se reproduce foi recuperado polo marchante de grabados inglés Laurence Shand, afincado na capital hispalense, para rematar en mans particulares e expoñerse ou darse a coñecer case dous séculos despois da súa creación. Realizado en pranchas de cobre e pintado con acuarela a man. Grazas a el podemos observar cambios do aspecto da Ría e nomes totalmente distintos da actualidade, sobresae o gran areal de Grallal no fondal ou desembocadura, todo dunha peza, amosa quizaís o que foi unha das ensenadas máis ricas e fermosas de Europa.
O autor os anos de 1824 e 1825 solicitou “súplica de purificación “séndolle denegada pola Xunta de Santiago, por iso en 1826 viaxou á “Villa y Corte” a efectos de solicitar novamente a súa purificación. En ocasión de tal viaxe coñeceu persoalmente ó abate Sebastián de Miñano y Bedoya, quen por esas datas publicaba o “Diccionario Geográfico y Estadístico de España y Portugal”, e púxose en contacto con Fontán solicitándolle información para a redacción de dito Diccionario, proporcionándolle o mapa de parte occidental, que tiña casi concluso. Igualmente coñeceu por mediación de Miñano a Luis López Ballesteros, Ministro de Facenda de Fernando VII, quen brindou colaboración para concluir la Carta Xeométrica. O 22 de agosto de 1826, Domingo foi purificado e reposto na cátedra de Matemáticas Sublimes da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén no ano de 1826 por Real acordo da Audiencias fixo a división xudicial e municipal de Galicia. Un 13 de outubro do devandito ano recibiu o Diploma de Socio da Real Academia da Historia.
Entre 1826 e 1829 foron publicados, na escala de 2 leguas de 20 graos as seguintes cartas:
“O plano do País Adxacente as Tres Rías da Coruña, Betanzos e Ferrol”.
“O da Ría de Pontevedra coas Illas de Ons e Oza”, a escala de 1000 varas.
“O da Ría de Vigo e parte da Península do Morrazo” a escala de media legua.
“O da Ría de Viveiro” a escala de media legua.
“O da Ría de Arousa” a escala de 3 millas.
Aquí describe os 5 principais portos da comunidade. Neste caso particular deixa ver a importancia como porto da Ría de Viveiro, e o seu peso estratéxico no transporte marítimo cantábrico. Era un punto de entrada de mercadorías ou un refuxio para a navegación. Hoxe atestiguan estes feitos xacementos ou pecios. Sabemos dun Astrolabio atopado por FEDAS no 2021, datado entre o XVI e o XVIII, unha xoia tecnolóxica única, da que so se coñecen 107 en todo o mundo, asimesmo dentro desta campaña de investigación saíron á luz moitos máis datos. Outra das máis insignes e tristes referencias, foi na guerra da independencia o naufraxio tras un forte temporal (a noite do 1 ó 2 de novembro de 1810) do Bergantín Palomo e a Fragata Magdalena, donde finaron 555 persoas, o que se cree unha das mariores traxedias navais de España. Ademais foi testigo dun fito histórico ó atopar na praia o cadáver do Capitán Blas de Salcedo y Salcedo (1758-1810) apertado ó seu fillo o guardamarina Blas de Salcedo Reguera, o que supuxo que se fixera unha Real Orde de non embarcar a familiares directos no mesmo navío, quedando para a o porvir de seguridade civil e militar.
Deste plano consérvanse algúns exemplares nas principais institucións e entidades galegas, ainda que poucas copias. Na vila do Landro sabemos de duas en mans particulares. Un traballo que relaciona Viveiro coa figura de Fontán que foi é un dos científicos máis admirados de Galicia como deixaron constancia Castelao, Otero Pedrayo ou Cunqueiro. A súa impronta marcou un regueiro de mencións que continua a día de hoxe.
Os mapas en papel deixaron de existir para abrir camiño ós formatos de gps ou dixitais. Pero non esquezamos ós seus ancestros, as antigas cartas, que entón axudaron a posicionar e descubrir o mundo coñecido. Hai que destacar a envergadura destes vellos rolos, usados durante séculos. Era toda unha odisea, entendelos, estudalos ou aplicalos, ás veces non era doado, nin acontecía nas mellores circunstancias. Como escribía Herman Melville en Moby Dick: “Non está marcada en ningún mapa: os sitios de verdade non o están nunca”.
Comentarios
Publicar un comentario