EMBARCADOIROS E NAVES DA ESTACADA
EMBARCADOIROS DA ESTACADA
Ó outro lado de Xunqueira, se imos paseando atopámonos dous galpóns para botes, seguramente sempre nos preguntamos para que serían. Están acubillados e agochados, a eles hai que chegar a pé ben dende A Pena de Vieiro ou dende a Ameixoa preferiblemente. Son quizais o derradeiro reducto natural dos manglares do Landro, exténdendose ata Portochao en Galdo e deben, polo tanto ser conservados como refuxio da vida natural, sen actuación e intervención humana.
A zona da Estacada era no seu día un lugar de lecer, para merendar ou donde ter un sitio de descanso e para prantar ás beiras do Landro, moitas familias acomodadas tiñan propiedades alí. Quedan algúns vestixios de embarcadoiros, síntoma de que eran usados os botes para navegar as marismas, ou cruzar mercadorías. Nestes tempos os ríos eran considerados fontes de desfrute, para a pesca, o baño en augas doces e refrescarse do calor e do sol; proba destas costumes son a guinda das festasde verán coa Xira a Portochao ou as duas mansións indanas máis importantes de Viveiro o Chalet do Fondón de Magazos e Villa María en Piago, ambas con embarcadorios fluviais.
Pero a vista levanos a dúas naves que hai nas ribeiras, edificadas entorno ó ano 1960. A primeira delas ocupa unha parcela de 532m2 e ten un galpón de 68m2, coa dirección Ameixoa 41, referencia 2350103PJ1325S0001WT. A segunda ten 502m2 e 97m2 de nave, é Ameixoa 42 e no catastro aparece como 2350104PJ1325S0001AT.
Estos cobertizos de bloque con portas verdes, tiveron un obxetivo, gardar embarcacións ou iates, de madeira barnizada, e braco impoluto, auténticas lanchas rápidas para o seu momento ó estilo as venecianas das películas de 007. Baixábanas á auga subidas a un carro, para non escachar os baixos, deslizándoas polas ramblas que tiñan ata railes, con cabres e motores, toda esta maquinaria feita polo fabricante Eduardo Barreiros. Podemos ver ainda o motor e a carruaxe, que están comidos polo fango preto das instalacións.
Montar semellante infraestructura para desfrutar de actividades acuáticas, está claro que non é obra dun afecionado, nin de alguén cun mediano soldo. Posiblemente o ourensano que fixo os motores era amigo persoal dos donos do lugar. Pertenceron estos a Ramón Canosa Suárez, Ministro do Triunal de Contas de Franco e ó e empresario lucense Alvaro Gil Varela, ademáis tamén estaba a bote do Presidente do Real Madrid, Luis de Carlos, co nome do chalet "Quince Colinas". Estos non so eran veciños de embarcadoiros posto que na cidade de veran de Covas tiñan os chalets pegados edificados entorno ós anos 50, coas direccións Granxas 2 de Villapulgas de Canosa, Granxas 12 dos Gil e no fronte da praia o de Luis de Carlos.
De Ramón Canosa, xa escoitamos falar da súa relación con Viveiro dende o nacemento, ten ata una rúa adicada na localidade. Estudou Comercio na Coruña e rematou sacando oposicións para Inspector de Facenda. Seguindo un imparable crecemento profesional ou social, emparentando os seus descendentes coma varias ramas da élite económica e aristocrática española, coma os Solís, Rato, Colón de Carvajal...Recibiu a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, foi Ministro do Tribunal de Contas nomeado en 1968, membro da Real Academia Galega. Segundo dono e editor do "Heraldo de Vivero". Autor "Historia menuda de un pueblo Gallego" (1953), "Vivero otra vez" (1969), "Nueva estampa de un pueblo Gallego" (1967)...
Como podemos comprobar non so eran amantes do mundo da empresa, a arte ou cultura tamén da agua deste pequeno rincón do noso Landro.
Comentarios
Publicar un comentario