REPORTAXE TURÍSTICO DE VIVEIRO ANO 1934.

Portada dese exemplar, (8-7-1934), hemeroteca de ABC

REDACCIÓN LANDRO
ALS

 REPORTAXE TURÍSTICO DE VIVEIRO NOS ANOS 30.


Unha das primeiras reportaxes sobre Viveiro para reclamo turístico a nivel nacional. Para a famosa Revista "Blanco y Negro", dun 8 de Xullo de 1934. Sería o equivalente a saír, hoxe en día, nun dos programas máis vistos da TV. Ademáis a data veraniega de publicación da conta de que é unha promoción estival, para recreo na Cidade do Landro. Naqueles anos xa recibía visitantes que viñan a refrescarse e ó lecer, ademais contaba con pensións e os primeiros hoteis coas máis innovadoras comodidades, en Covas dende 1930 o Villa Dolores e Hotel Cociña e en Viveiro dende 1911 o Gran Hotel Venecia. Sabemos de publicidade de moitos deles en xornais e publicacións da época.
Imaxes de arquivo particular.

Comentarios

Publicacións populares