A CASA DO CARBALLO DE GALDO A FAVORITA DO MARISCAL PARDO DE CELA
REDACCIÓN LANDRO
ALS
A CASA DO CARBALLO DE GALDO A FAVORITA DO MARISCAL PARDO DE CELA
A casa do Carballo de Galdo está na parroquia do mesmo nome, pola estrada que vai dende o Pazo da Trave que fora dos Rebellóns, ata Portochao.
Antigamente Galdo comprendía 6 parroquias ( gran parte do que hoxe e O Vicedo) era unha propiedade particular dos Pérez, ligada ó Vizcondado de Altamira e o Condado de Fuensaldaña, e Marquesado de Alcañices, así foi dende ó século XVI, con varias confrontas e merindades polo medio ata que en 1835 desapareceron as xurisdiccións privadas, en Galdo foi entorno a 1840. Ligada do mesmo modo ó Coto Redondo de Landrove tamén particular dos Luaces/Navia.
O entorno era de caracter rural e agrícola e adicábase ó cultivo de viño nas ribeiras do Landro, era unha das principais actividades económicas da zona ata que foron enfermando as cepas de variedade posiblemente romana ou garnacha.
Pois ben neste lugar tiña unha casa o famoso Mariscal Pedro Pardo de Cela, sitio de lecer polo visto moi aprezado ó mesmo tempo que de explotación (xa que din que daba anualmente 10 toneis de viño). Figura vencellada ó poder de Viveiro, mitificado como unha lenda polas súas loitas contra a Corona Castelá dende a resistencia no Castelo da Frouxeira, persoaxe e historia para amplo e longo estudo.
A Casa do Carballo de Galdo foi mercada por Pardo de Cela e a súa Dona Isabel de Castro entorno a 1450. Ó ser apresado e condeado a morte en Mondoñedo en 1483, fóronlle confiscados todos os seus bens entre eles dita propiedade. Recuperada tras un litixio polos seus descendentes, en concreto pola sua filla Beatriz de Castro Pardo e o seu esposo Pedro Fernandez de Bolaños Ribadeneira, de feito foi o primeiro lugar que se lles devolve como consta nunha Carta Executoria: "a primeira facenda que lle deron posesion, foy o lugar do Carvallo do Galdo, en vouz, é nome de toudos mays bes".
Descoñecemos a etimoloxía do nome, pero poida que houbera un lonxevo Carballo ou varios, hoxe desaparecidos, e que súa extensión por entón acollera máis edificacións chegando ata a beira do río. Dín que a orixinal foi derrubada. Na actualidade a única casa en pé pertence á familia Jiménez Abadín.
Vista aérea de Google maps do lugar.
Escudo na fachada da Vivenda
Retrato do Mariscal Pedro Pardo de Cela, pintado por Manuel Ángel, Diputación Provincial de Prontevedra.
Comentarios
Publicar un comentario