O BARATO SAE CARO, A POLÍTICA COMO PASATEMPO (OPINIÓN) 6-10-2018

 

Agencia Excell Ogilvy & Mather Honduras
Director Creativo: Germain Riu
Director de Arte: Oscar M. Echenique, Dilan López, David Rodriguez

REDACCIÓN LANDRO

ALS

O barato sae caro”

 A POLÍTICA COMO PASATEMPO

Non é o mesmo un moble de Ikea que dun ebanista profesional, non é o mesmo un gato que un león. O primeiro é un peludiño máis cariñoso e afable á vista, o segundo é o rei da selva, e se de cazar se trata é máis efectivo, como o moble do carpinteiro dura máis, ten futuro e é de maior calidade.


Víamos os resultados do Ministerio de Política Territorial, e se comparamos as retribucións da corporación de Viveiro (64.210 €) cos de Ourol (78.160 €) con 15 veces menos población, semella que a función pública no primeiro é altruista e case que traballan de regalo. Pero nada máis lonxe da ficción, xa que Viveiro con 17 Concelleiros, gasta en persoal (case 200) 5,4 millóns de euros; algo que frea a inversión en gasto social e mellora do municipio, e impide poñer proxectos a futuro diante da mesa, con impostos dos máis altos de Galicia. Por lei ten dereito a 7 adicacións exclusivas. Que deberían ser repartidas ecuánimemente e con absoluta dedicación, para evitar intercesións entre o exercicio público e os negocios privados, además 5 terían que ser de Goberno e 2 para a oposción como papel de control e fisclizador. Non usalas deixa entrever que é un barco sen oficiais ó mando, cando pasa isto de ir ó mar sen patrón, sen motorista, sen remos, pois a embarcación non sae do peirao, ou afúndese.


¿Non sería mellor cobrar e ter unha resposabilidade, sen ver a xestión política como un mero entretemento ou xogo, unha festa o que se apuntan como se fóramos nenos e no que perdemos todos? ¿Non sería mellor cobrar e non montar negocios paralelos á actividade política como vemos en varios casos? ¿Non sería mellor ter xente eficiente, preparada e adicada por completo que teña ideas de como evolucionar? ¿Non sería mellor vender menos a moto e ver realidades e feitos, en vez de parálisis? ¿Non sería mellor cobrar acorde por un traballo ben realizado? ¿Non sería mellor…? Sería mellor. Como dí o xornalista arxentino M. Grondona: “El populismo ama tanto a los pobres que los multiplica” O barato sae caro.



A. Lage-Seara

Comentarios

Publicacións populares