GAÑIDOIRA FINISTERRAE (OPINIÓN) 6-3-2018



REDACCIÓN LANDRO
ALS

 GAÑIDOIRA FINISTERRAE

(OPINIÓN)
 6-3-2018
Parouse o reloxo, conxeados. Vivimos nunha burbulla, incomunicados da civilización, desculpas, íamos a Riga levar peixe ou liño, os nosos avós foron a América ou ó Gran Sol. Vivimos das rendas, Viveiro Capital del Imperio Romano. Viveiros, hai 50 en Galicia, basta de laiar e acomplexarnos, hai que abrinse ó mundo e petar en portas. Para algúns non é doado, de pisos de estudantes con tupper de mamá, pasan a gobernar directamente a 15.000 persoas, sen traballar, “sen experiencia”, nin ver outros sitios dos que aprender. Non lle viña mal a Viveiro que a alcaldesa se fora de vacacións ou a estudar nunha nova cidade, ela medraría e Viveiro na súa ausencia tamén.
Imos gastar os cartos a “London” pero preguntas en Ourense ou Malpica -¿Onde está Viveiro?- e non saben onde queda, unha realidade latente. Fai máis unha páxina de facebook ou un blog que miles de cartos mal invertidos. Publicidade localista, propaganda política que consumen parvos, xogos de trileros ¿Onde está a moeda?. Fumos patria de ilustres, hoxe de ilusos.
Por ideas non foi… un plan de embelecemento urbán, un museo, un centro de negocios ou pazo de congresos, aposta pola transformaciónda materia autóctona, rutas turísticas, excavacións, parking de autocarvanas, mesas por sectores, mellorar e valorar as parroquias e unha lista longa de solucións absequibles e últiles para unha cidade do mundo actual. ¡Copiaron o de Viveirovive, un slogan que fixemos e agora poñen ViveViveiro, tomen nota doutros asuntos!
O GOBERNO PÓKER, O XOGO DO DOBRE OU NADA.
Isto semella un xogo. 200 empregados e os concelleiros non cobran un peso, deberíamos ter 7 dedicacións exclusivas por lei, remataríamos co conto de “A mi no me pagan” ou “Yo trabajo por aficción”, hai que profesionalizar e esixir responsabilidade. O Barato sae caro. Dan peixe, non ensinan a pescar. Dín que o goberno anterior gastaba máis e metía xente a traballar no Concello, pero os empregados eran 90 e o presuposto de 2002 de 7,8 millóns de euros, ou no 1985 1,2 millóns, datos, hoxe o dobre en todo, ata dupricaron a débeda. O Goberno do dobrete. Facíase máis con menos, e Viveiro estaba no panorama nacional, as obras físicas están aí: colexios, centro de saúde, xulgados, centros sociais, escola de idiomas, conservatorio, consistorio, parques… 15 anos e non se fixo nada pese a manexar máis pasta que nunca. No ente común a xente está contenta, hai pan e circo, whisky e tripi, a obra debería titularse coma a de Chomsky e Ramonet: COMO NOS VENDEN LA MOTO. Afogan á economía e as empresas locais.
Sorrisos, acomulamos multas e problemas, creen que un chega ó posto, votado por un pobo, pero aqueles que coñecemos a política sabemos que por desgraza ponte o partido, tocado polo dedo máxico. O nivel político está de saldo. As propostas inxeniosas ausentes.
Palomas, come migas, telaraña, sempre o mesmo patrón, montan un negocio relacionado co tema público que levan, e ollo montar empresas está moi ben ¡Por favor, facédeo antes de entrar en política, non durante o exercicio dun cargo!
Ogallá resurxa o hoxe inerte brote verde. Non ó asasinato desta terra nai, coidémola mentres vivamos nela. Viveiro,significa sementeiro, orixen de algunhas cousas, onde nacen e rebrotan pequenas árbores ou animais, imos facer honra ó nome e comezar a crear. Según o poeta brasileiro Mario Quintana :“ O segredo é não correr atrás das borboletas…É cuidar do jardim para que elas venham até você”

Comentarios

Publicacións populares