ONDE O FUTURO PENDE DO PASADO (OPINIÓN) 29-12-2014
REDACCIÓN LANDRO
ALS
ONDE O FUTURO PENDE DO PASADO
(A Lenda alén da Mariña)
29-12-2014
Non cabe dúbida de que o patrimonio da Mariña é unha porta aberta inigualable para a proyección turística e económica. Potencialo sería unha habilidade como noutros países nórdicos de similares características a Galicia, Gran Bretaña Irlanda, Dinamarca, Nourega... A Mariña é un referente nacional de pisada histórica que conta con 1662 km2 de puro ouro patrimonial a explorar e explotar. A conservación así como a posta en valor dos mesmos supón un exercicio de intelixencia e unha arma para que se acheguen a visitala, temos grandes obras de arte prehistóricas algunhas delas, tamén castrexas (posiblemente máis de 100 castros) , romanas ( vías, villa de area), vikingas (os moutillóns) , medievais ( torres como Tovar ou a Frouxeira, muralla de Viveiro, porco dos Andrade en Riobarba e Cabanas, forlatezas, casas de morgados), renancentistas (Plateresco da Porta de Carlos V ou a facahda da casa dos Ponte) e barrocas (fachada precatedral de Santiago de Casas Novoa en Lourenzá ou as concepcionistas en Viveiro), modernistas e eclécticas ( a pisada indiana dos retornados de américa en barreiros, magazos ou ourol, exemplo a o chalet do fondón premiado o seu salón na exposición universal de barcelona de 1929 obra do arquitecto González Villar )... inclusive o potencial de historia industrial de Sargadelos ou Barro Chavín. Un sinfín de monumentos, unha lista tan longa á que día a día se suman novos achegas ou recuperación de algunhas que se tiñan olvidados. Tamén destacar o patrimonio natural como As Catedrais, O Avó de Chavín ( árbore máis grande de europa), areais fermosos como o Caolín, illas como a Coelleira con restos dos templarios ou San Martiño cun antigo convento femenino da orde de San Bieito dependente de San Paio de Santiago, no que xa houbera un castro chamado cova dos mouros. etc. Daría para unha enciclopedia da mariña completísima e tan extensa que solo mencionala en nome levaría folios e folios. Decir finalmente que este camiño é quizáis o petroleo da Mariña, o seu ben cultural e patrimonial, acredítana como un exemplo único da parálise do tempo e da pegada do home o longo de milenios, aloxamento de diferentes civilizacións que arribaban ás nosas costas o turismo antigo, hai que ensalzala e protexela, e mirar dela coma un neno pequeno ou unha xoia, a tiara de pedras preciosas, a nosa coroa.
Comentarios
Publicar un comentario