LINO NOVÁS DE AS GRAÑAS A TRADUCIR A HEMINGWEY Y HUXLEY


      Imaxe do Consello da Cultura Galega

REDACCIÓN LANDRO

ALS

LINO NOVÁS CALVO, O HEMINGWAY GALEGO

Xornalista, traductor e escritor.

Esta é a historia dun neno que se criou nas Grañas do Sor, Concello de Mañón, A Coruña. Unha parroquia rural no interior del municipio, inmensa, é un reino en sí mesma. Etimolóxicamente ven de extensión alta de bosque baixo, unha terra perfecta para granxa ou pastoreo. Lugar único polo que discurre o río Sor. A poucos kilómetros atópase a terra co mar na punta máis ó norte da península ibérica en Bares, o Burum de Estrabón, porto navegante, ó que chegaron os fenicios e do que partiron moitos dos seus habitantes mar adiante. Sen dúbida nacer nun lugar cun ecosistema tan rico naturalmente alenta a creatividade.


Na década que naceu Lino (24 de Setembro de 1903), construíronse grandes escolas na contorna, de corte habanero da Unión Mañonesa, o que seguramente propiciou o primero contacto co mundo de ultramar. Anos despois este vínculo afianzaríase sendo un cubano máis ó entrar polo “Castillo del morro”, como dixo Manuel Fraga na súa visita en 1991, “Algún escritor cubano lo definió como el símbolo mismo de la Habanidad de la Habana”. E tempo andando despois de traballar duramente como taxista, agricultor, boxeador… a súa impronta e tenazidade autodidacta levouno a ser un dos máis respetados xornalistas, traductores e literatos, un orgullo da Perla das Antillas.


Como xornalista traballará como redactor na Revista Avance ou en Bohemia. Ademáis será colaborador en Revista de Occidente (en 20 ocasións), Gaceta Literaria, El Sol, La Voz… Enviado no 1931 de Corresponsal de Cuba en España, co seminario Orbe, onde cubrirá parte da contenda da Guerra Civil, coma outros homólogos xa máis coñecidos. Tamén escribirá para El mundo Obrero ou Frente Rojo. Como foi acusado de escribir artigos en contra dos mineiros asturianos, e a causa republicana facía augas (estaba efervescente e enfrontada) colleu rumbo 1n 1938 dende Madrid a Barcelona, para abandonar de novo España en 1939, vía París. Alí traballou no xornal Hoy e na revista Ultra. Gañará premios xornalísticos coma o “Enrique José Varona” polo artigo “Una América sin patitos feos”, ou o “Eduardo Varela Zequeira”, pola reportaxe “Guerra de nervios en Santa Lucía”.


Comezou a estudar na Escola de Idiomas da Universidade da Habana, xa que daba clases sen título oficial, antes tivo estadías de meses en París (1935), en New York (1926) ou Alemaña, para aprender idiomas. Como traductor deixounos obras do prolífico Aldous Huxley a quen traduxo Contrapunto” (Famoso autor das útópicas e distópicas, Un mundo Feliz e Island), do sexualista DH Lawrence fixo Canguro” ( Coñecido por Fillos e Amantes ou Mulleres namoradas) do Nobel do 59, William Faulkner, Santuario” (Polifacético creador, experimental, a porta á nova literatura, que nos deixou Absalon, Absalon,The Sound and the Fury ou Mentres Agonizo). Tamén transcribiu do francés ó español Los pequeños burgueses”, de Honoré de Balzac (Un dos autores con más influencia no século XIX, mundialmente coñecido por La Comédie humaine, La Rabouilleuse, Ilusiones perdues).


Outro Nobel ó que lle vai facer de intérprete en exclusiva para o mundo latino é a Ernest Hemingway. Con quen terá un paralelismo no que á profesión se refiere, ademáis dunha amizade, unidos ambos por ser corresponsais na guerra española ou por vivir na illa de Cuba. Pasará Novás ó idioma de Cervantes, nada máis e nada menos que “El Viejo y el Mar”. Pola interpretación dícese que o Nobel lle regalou un coche Chrevrolet como parte do pagamento. Saíu por primeira vez en inglés na revista Life e en Castelán en Bohemia onde dín :Ernest Hemingway, que en Cuba vive y ama a Cuba, ha querido en testimonio de afecto a nuestro pueblo, que fuera aquí y en BOHEMIA -y vaya por ello nuestra más sincera gratitud- donde primero apareciera en español”. (Marzo 15 de 1953. P. 67)

Con estos traballos o noso veciño de Mañón quedará como divulgador en castelán de grandes obras unversais.


Como Literato, foi un dos pais do realismo máxico, é precursor da novela latinoamericana, quizais xunto a Alejo Carpentier, de quen dice que non se coñecían, quizáis por recelo e certa rivalidade hacia non recoñecenmento público de Lino como axente activo. Este pasárao mal unha tempada sen poder vivir da profesión. Principalmente será creador de relatos, que atopamos compendiados en varios volúmenes, Premio en 1942 do Hernández Catá e Premio Nacional no 1943. En contos escribirá La luna nona y otros cuentos (Buenos Aires: Ediciones Nuevo Romance, 1942), Cayo Canas (Buenos Aires: Espasa-Calpe, 1946), Maneras de contar (Nueva York: Las Américas Publishing Co., 1970). No subxénero de novelas El negrero. Vida novelada de Pedro Blanco Fernández de Trava (Madrid: Espasa-Calpe, 1933), que tivo tamén reedicións en 1994,1999 e 2011. Tema tocado por Carlos Bardem en Mongo Blanco. Outras coma Un experimento en el barrio chino (Madrid: Ed. Reunidos, 1936), No sé quién soy (noveleta, México: Colección “Lunes”, 12, 1945, 56 págs.), En los traspatios (noveleta, La Habana: Cuadernos Cubanos, 1946, 70 págs.). No teatral algunhas pezas coma Los alzados del cuadrilátero. Ademáis no caixón ata a súa morte estarán as seguintes que viron a luz postumamente, 8 narraciones policiales (La Habana: Ediciones Oriente, 1995), Angusola y los cuchillos (La Habana: Ediciones Oriente, 2003), Lino Novás Calvo: periodista encontrado (La Habana: Ed. Aldabón, 2004), Otras maneras de contar (Barcelona: Editorial Tusquets, 2005).


Na vida persoal casará primeiro en España, matrimonio que escacha ó regreso a América, por desgaste e ilegalidade. En segundas nupcias coa poetisa Herminia del Portal , con quen terá unha filla en 1944 a tamén escritora e recoñecida pioneira feminista Himilce Novás del Portal. Foi colega e amigo de intelectuales da época coma Neruda, Alberti, Fernando de los Ríos Valle-Inclán...


Políticamente dobremente exiliado, primeiro de España e logo de Cuba co triunfo da Revolución de 1959. Lino coquetearía coa primeira semente do Partido Comunista ou do Partido Socialista Popular da Illa pero diverxiría co movemento de Fidel Castro. Esta situación explosionou cando un dos seus libros foi publicado en México, pediu asilo político na Embaixada de Colombia en Cuba e de alí pasou para Miami. Os derroteiros levárono a vivir a USA, alí sería profesor de Literatura Hispanoamericana da Universidade de Syracuse, onde se atopan depositados algúns dos seus legaxos. Terá que retirarse despois dunha parálise cerebral en 1973 para rematar os seus días inmóvil e sen fala, falecerá nun fresco norte como a terra que o viu nacer, en New York un 24 de Marzo de 1983.


O galego Neira Vilas relata como coñeceu a súa obra en Bós Aires a través do seu profesor José Luis Izquierdo. Hai varios estudosos sobre o autor, algúns coma Vicente Peña, María Escourido, Cira Romero con “Órbita de Lino Nvás” ou editando “España Estemecida, crónicas da Revista Orbe”. Tamén debemos mencinar ó seu paisano Bernardo Penabade Rei que organizou a través do Consello da Cultura Galega unhas xornadas en 2014, chamadas “Ese lugar de donde me llaman” título sacado dun dos seus relatos. Foi recollido o seu epistolario a través de “Laberinto de Fuego” onde aparecen cartas a Manuel Navarro Luna, Rafael Suárez Solís, José Antonio Fernandez de Castro, Emilio Ballagas, Regino Pedroso ou José María Chacón y Calvo. Ata coñecemos dunha versión dun curto cinematográfico baseado no seu conto “Un encuentro Singular, basado na volta dun rapaz de 28 á sua aldea natal en 1931, é de corte autobioráfico, ambientado nas Grañas, neste traballo actuaron veciños e foi dirixido por Andrés Santalla. Será recordado á súa morte polo Premio Cervantes, Guillermo Cabrera Infante, na Revista Vuelta, sección “Letras, Letrillas, Letrones” reeditado en “Vidas para leerlas” de Alfaguara.


Non cabe dúbida algunha de que LNC é un figura poliédrica e de caracter internacional. Viaxou polo río Sor abaixo para atoparse coma a Estaca co Atlántico, fundindo as costas de América e Europa nunha aperta cultural, ás veces inxustamente olvidada por ser nómada, semella un trozo de táboa flotando perdida no Océano.




























Comentarios

Publicacións populares