OUTRA VEZ, POLÍTICA SEN ÉTICA (OPINIÓN) 21-9-2019

 ISBN 10: 1542468841 ISBN 13: 9781542468848
 Editorial: CreateSpace Independent Publishing Platform , 2017

REDACCIÓN LANDRO

ALS

OUTRA VEZ, POLÍTICA SEN ÉTICA


21-9-2019


Xa decía Aristóteles ó seu fillo Nicómaco, que a Política e a Ética, son inseparables, a primeira é para un colectivo plural, a segunda para o individuo, unha sen a outra non se etenden. Pero semella que se divorciaron, pola deslealdade da primeira que a temos ata na sopa. Asistimos novamente a unha comedia incomprensible, repetición de eleccións. E mentres non hai consenso quedan aparcados os principais problemas para evolucionar co mundo, camiñamos a ser fósiles desfasados para competir e á extinción dun Estado de Benestar. E a xente do común, máis preparada que os propios cargos, que madruga para traballar farta de tanta leria, está doida e cansa.

Na Mariña , vemos como despois das municipais todos os programas son papel mollado. O compromiso coa transformación social, a inversión ou as ideas quedaron nun caixón baixo chave ata dentro e 4 anos. Nin están nin se lle espera á mellora de infraestructuras; vemos a morte económica e non se crea un cinturón industrial alternativo coa materia prima ; a aposta polo emprendemento ; mancomunar servizos e facer eficiente a inoperativa burocracia actual; plans estratéxicos turisticos e culturais, coma a protección do patrimonio natural, histórico ou de embelecemento urbán das nosas vilas. Cousas sinxelas que non sementamos, para regar e recoller os froitos. Hai quen dí que “máis escolas e menos caciques”, na educación está a base.

Pero non esperemos nada novo, as enfermidade da política son os Síndrome de Procusto    (Ser eucaliptos, cortan a cabeza a quen sobresae , mesturanse con xente non válida e dócil), Hubris ( A soberbia do poder , coma deus omniscente creerse no uso da verdade única), Omertá ( O Silenzo mafioso). É necesaria unha reforma territorial e unión de entes públicos. Temos un sistema electoral oxidado finisecular, sen listas abertas ,segundas voltas, mandatos limitados, representación por distritos, participación cidadá, elección directa, limpa e democrática. Precisamos de mentes abertas, coñecedores doutras realidades no globo, os mellores, non hooligans de partido que non poidan chegar a cosensos. Por desgraza quen intenta participar con boas intencións cúspeo o sistema. Temos representantes con poder de acción, que non atraen inversión e faltos de ideas, ós que non se lles coñece nin obra, nin pensamento, sen oficio, nin méritos, sen unha base de activismo social previo, nin liderazgo entre as masas, postos polo dedo máxico, a dedocracia… Isto nos países máis avanzados do mundo non acontece.

Menos mal que hai moreas de persoas altruistas, tamén na política local, asociacións, empresas e outros texidos sociais que contribuen a facer mellor os pobos.
Non se entende a situación, pero hai esperanzas de depuración desta ferida supurante. To be Continue. Al Smith “Tódolos males da democracia poden curarse con máis democracia”


ALS

Comentarios

Publicacións populares